O PP de Betanzos denuncia o perigo que supón a rede de saneamento en Touriñao de Arriba
O Partido Popular de Betanzos solicita que se acometan traballos de seguridade e mantemento nun rexistro da rede de saneamento en Touriñao de Arriba. Segundo puido comprobar este luns a súa voceira Cecilia Vázquez, o rexistro literalmente desfaise, converténdose nun elemento de risco para peóns e vehículos. Unha situación que se incrementa xa que a uns 15 metros está situada a marquesiña do transporte público, sendo un tramo moi transitado por escolares e outros usuarios.
Neste sentido, Cecilia Vázquez, percorreu a zona en compañía de varios veciños, os cales solicitaran a súa presenza, para denunciar unha vez máis a falta de seguridade desta vía de competencia municipal. No novo percorrido por este tramo de estrada pódense comprobar as súas enormes carencias de seguridade. Agravadas polo abandono no cal o concello ten sumido a este núcleo de poboación.
Así, Cecilia Vázquez indicou “levamos anos visitando este núcleo de poboación, presentando iniciativas razoables e razoadas no concello a pedimento dos veciños, sen que ata o momento atendéronse polo goberno municipal”.
O Partido Popular de Betanzos vai seguir traballando e reivindicando o dereito a servizos e melloras para os veciños, en Touriñao de Arriba e en todos e cada un das rúas, prazas, lugares e recunchos do municipio “está é a nosa obrigación e a nosa vocación” asegurou a portavoz popular aos residentes que a acompañaron e informaron sobre a situación que padecen.