O PP de Betanzos denuncia a falta de mantemento do Camiño de San Xiao

ACoruñaXa
Os populares apuntan que promoveron numerosas iniciativas encamiñadas ao mantemento e a mellora da seguridade viaria deste camiño moi transitado por peóns e vehículos durante todo o ano, ante a pasividade do Goberno local
Imaxe do estado do Camiño de San Xiao en Betanzos
Imaxe do estado do Camiño de San Xiao en Betanzos
7 mar 2024

O Partido Popular de Betanzos alerta ao Concello sobre o risco potencial de desmoronamiento do camiño de San Xiao na zona dos Caneiros. Dende o grupo político apuntan que os veciños e usuarios desta vía de propiedade municipal puideron comprobar que o firme de asfalto presenta unha greta no medio da calzada. Esta fractura da vía nótase especialmente ao circular en coche, cando se fai evidente o dife-rente nivel a ambos os dous lados da fractura.

Neste sentido, a portavoz do Partido Popular, Cecilia Vázquez, comentou esta mañá que, a súa formación impulsou numerosas iniciativas encamiñadas ao mantemento, a mellora da seguridade viaria deste camiño moi transitado por peóns e vehículos durante todo o ano. Así lembra que desde o PP insistiuse meses, ante a pasividade do goberno local, na urxente necesidade de reparar o enorme desprendemento que se produciu en febreiro de 2021 e que cortou o camiño meses.

Anos de inoperancia

En novembro de 2020 o PP esixiu unha mellora no Camiño de San Xiao desde a praza dos Ánxos. Ata o día de hoxe o goberno local non fixo nada por mellorar unha zona que supón un gran risco para peóns e ciclistas. En marzo de 2021, o PP levou a pleno unha pregunta reiterando a necesidade de manter nun estado salubre a fonte de San Xiao.

Foron tamén en innumerables ocasións nas que os populares instaron ao Concello a manter A Fonte dos Ánxos, unha fonte de gran valor patrimonial. A limpeza da vía, o continuo desbordamento de residuos dos contedores existentes na zona, é outra das cuestións recorrentes sobre as que insiste o Partido Popular nos plenos, medios de comunicación e redes sociais.

Todas estás cuestións de risco e falta de mantemento, son unha constante entre os veciños e usuarios desta vía, que o PP recolle sempre para dar traslado ao Goberno Local. Á vista dos feitos “o certo é que o caso que o PSOE fai ás nosas peticio-nes é ningún, pero o realmente grave é que esas peticións parten dos propios veci-nos e o PSOE permanece insensible fronte a estas.