O PP da Coruña reclama a Inés Rey que solucione os problemas coa recollida de basura

ACoruñaXa
O portavoz, Miguel Lorenzo, denuncia que dende o seu partido levan 4 ano reclamando que a cidade está sucia porque non se limpa ben e porque non se recolle o lixo como se debe
Miguel Lorenzo PP Coruña
9 Feb 2024

O portavoz do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, reclama á alcaldesa Inés Rey a falta de solucións por parte do seu goberno con respecto aos problemas na recollida de lixo que están a sufrir algúns barrios da cidade nas últimas semanas.

O popular recalcou o seu apoio á alcaldesa nas decisións que tome para solucionar o problema de recollida de lixo: "Pero que tome algunha, porque só vexo parálise e eludir responsabilidades”.

Ademais, Miguel Lorenzo, declarou con respecto ao silencio da alcaldesa: "Espero que non culpe ao Partido Popular dos problemas de recollida, como noutros asuntos, porque o problema non é de agora. Levámolo denunciando 4 anos, que a cidade está sucia porque non se limpa ben e porque non se recolle o lixo como se debe”. Tamén quixo destacar que a alcaldesa di que vai esixir á concesionaria de recollida cumpra o que di o contrato. "Eu pregunto: que contrato? Como vai esixir que se cumpra se foi anulado por sentenza firme polo TSXG e non recorreron”, alegou Lorenzo.

“Decidiron non recorrer a sentenza que anulaba o contrato, sabían que a empresa tampouco o ía a facer e aínda así non tiñan plan B para licitar xa o novo ou ver se á seguinte empresa pódeselle adxudicar ou non”, engadiu. A maiores, denunciou que o goberno municipal vive da improvisación: "Preguntamos no último Pleno se había plan B e non o hai. Mesmo pedimos responsabilidades políticas ao sr. Lage por esta anulación dun contrato adxudicado polo goberno municipal socialista en 2020”.

Dende o PP a cidade instan a que a alcaldesa tome algunha decisión cando antes e asuma as súas responsabilidades. Xunto a que dende o seu partido apoiarán as medidas que tome a prol dunha cidade limpa e co lixo recollido. "O que non imos aceptar son chantaxes de traballadores", concluíu.

0.15192794799805