O PP da Coruña pide ao goberno municipal a elaboración dun Plan Estratégico de deporte escolar

ACoruñaXa
Os populares piden tamén a mellora das instalacións deportivas da cidade e a participación no programa Xogade de deporte escolar da Xunta
Diego Calvo VisitaClubSilva
Diego Calvo VisitaClubSilva
31 ene 2024

O Grupo Popular da Coruña presentou este mércores unha moción para a elaboración dun Plan Estratéxico de Deporte en Idade Escolar. Para o que piden a reformulando programas adecuados á realidade actual e deportiva e dirixindo a actividade de iniciación cara a proxectos deportivos de centro, en colaboración coa Fundación Deporte Galego, co fin de poñer en mans dos alumnos os maiores recursos posibles.

Os Populares tamén propoñen a posta en marcha dun plan estratéxico cos centros escolares para mellorar as súas instalacións deportivas, dotando ás mesmas de peche, pavimento deportivo e iluminación adecuados para a práctica do exercicio e dotándoo de partidas orzamentarias adecuadas. Ademais, tamén piden a participación activa no programa XOGADE de deporte escolar que organiza a Xunta de Galicia, onde o seguro deportivo, a organización e o transporte serán gratuítos para os escolares e recuperar os xogos deportivos locais da Coruña.

Tamén, denuncian que o Concello dispón de escolas deportivas municipais seguindo unha estrutura similar a outros da provincia, nas cales se ofertan prazas para nenos comprendidos en idades entre 6 a 16 anos. "Con todo, non participa en XOGADE nin organiza xogos deportivos locais para os usuarios das escolas. Ademais, existe malestar en familias porque non puideron solicitar o BonoDeporte da Xunta dirixido ás axudas de equipamento deportivo ou prestación do servizo porque o concello non está inscrito neste programa", afirman dende o partido.

Por ende, os populares critican que "a estrutura deportiva municipal quedouse nos anos 80, sen existir unha modificación na oferta dirixida a este sector da poboación, tendo a actividade física e o deporte unha relevancia e unha presenza na vida da poboación en idade escolar como un factor cultural destacable". Por esta razón consideran de máxima importancia que os nenos e nenas gocen de boas experiencias relacionadas coa actividade física e o deporte, xa que desta maneira potenciará a práctica deportiva ao longo da súa vida.