O Pleno de Curtis aproba suprimir o rexistro dos galiñeiros de autonsumo

ACoruñaXa
O BNG abstívose na proposta sobre os galiñeiros de autoconsumo así como na modificación da base 35 das bases de execución do Orzamento 2024
Imaxe dunha galiña no galiñeiro
12 Abr 2024

Na sesión plenaria ordinaria celebrada este venres 12 de abril no Concello de Curtis aprobouse a proposta para suprimir o rexistro dos galiñeiros de autonsumo solo cos votos a favor do Partido Popular.

Durante o Pleno, deuse conta do informe de liquidación do orzamento do ano 2023. Nel, exponse que o concello pecha a conta anual con máis de 11 millóns de euros e cun remanente positivo de máis de 2 millóns e medio de euros.

Por outra banda, o BNG abstívose na proposta sobre os galiñeiros de autoconsumo así como na modificación da base 35 das bases de execución do Orzamento 2024 para incorporar unha nova subvención nominativa para a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e Industrial da Coruña e da súa Área de Influencia.

Ademais, aprobouse por unanimidade a modificación puntual no 2 da relación de postos de traballo, a transferencia de crédito entre distintas áreas de gasto e o recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2024.

0.21588706970215