O Palexco acollerá en abril o V Congreso Inmobiliario de Galicia

ACoruñaXa
Ademais de profesionais do sector, participarán representantes dos Concellos da Coruña, Oleiros e Santiago de Compostela, así como do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Imaxe da Presidenta de Agalin, Emma Martínez de la Fuente
20 Mar 2024

O V Congreso Inmobiliario de Galicia, organizado pola Asociación Galega de Inmobiliarias (AGALIN) celebrarase os días 18 e 19 de abril no auditorio do Palexco da Coruña.

Entre os temas principais a tratar nesta edición do evento, atópanse: a declaración de zonas tensionadas, os pisos turísticos, a aplicación de intelixencia artificial e as tendencias en construcción (sustentabilidade, responsabilidade social corporativa...). As entradas xa están a venta na web oficial da asociación.

Para debatir estes temas participarán, ademais de profesionais no seu campo (posicionamento web, mercado financieiro ou intelixencia artificial, entre outros), representantes dos Concellos da Coruña, Oleiros e Santiago de Compostela, así como do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Na edición de 2023, o congreso contou con relatores de primeiro nivel procedentes tanto do sector como das administracións públicas ou de entidades públicas e privadas relacionadas co mercado inmobiliario.

AGALIN é a maior asociación inmobiliaria de Galicia. Naceu en 2018, cando non existía un tecido asociativo no mercado inmobiliario galego. A asociación ten participado en moitos dos programas que se están a desenvolver no sector, como os do IGSV sobre bonificación de seguros en vivendas destinadas a aluguer de longa duración, ou o de vivenda baleira.

 

0.15920400619507