O mercado de San Agustín acollera o 8 e 9 de xuño o Festival Mar de Mares

ACoruñaXa
Terá lugar o mercado Mar de Mares, no que haberá postos de venda de produtos e actividades para todos os públicos con actividades e espectáculos
Imaxe do mercado de San Agustín na Coruña
Imaxe do mercado de San Agustín na Coruña
7 may 2024

A Xunta de Goberno Loca da Coruña celebrada este luns acordouse de ceder un espazo no andar superior do mercado municipal de San Agustín para facilitar a celebración do Festival Mar de Mares 2024 os días 8 e 9 de xuño, coincidindo coa fin de semana na que se conmemora o Día Mundial dos Océanos.

“Desta forma, apoiamos á asociación Redes de Sal, organizadora do festival en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente, nun obxectivo compartido por as dúas partes: divulgar e impulsar actividades que visibilicen a importancia de coidar o noso planeta”, apuntou Inés Rey.

Como xa é habitual, no festival terá lugar o mercado Mar de Mares, no que haberá postos de venda de produtos e actividades para todos os públicos, con espectáculos gastronómicos de showcooking, degustacións, música en directo e xogos infantís. Está previsto, ademais, abrir á cidadanía unha mostra fotográfica sobre os océanos.