O Mercado das Nubes de verán chega a San Agustín do 14 ao 16 de xuño

Cartel veranoO Mercado das Nubes de Verán abre as súas portas na praza de San Agustín da Coruña, do 14 ao 16 de xuño. Un mercado urbano onde comprar de forma sostible e responsable, que busca visibilizar o talento, a creatividade e a diversidade de propostas de 60 participantes que “lle dan unha pensada” ao seu traballo a través o deseño, a creatividade, a ecoloxía e a proximidade.
Esta edición do mercado contará co seguinte programa:
- 60 marcas locais, microempresas, persoas que “lle dan unha pensada” en: deseño e creación roupa, vintage, fotografía, complementos, xoiería, deseño gráfico, ilustración, arte, cosmética natural, decoración, gastronomía gourmet, artesanía infrecuente, organizacións solidarias…
- A experiencia Maridaxes KmC, de Estrella Galicia con produtos da propia Praza San Agustín e preparados por cociñeiros da a Asociación Coruña Cociña: o sábado 15 de xuño, a proposta de tapa é de Chisco Jiménez do Culuca, de 13.00 a 14.30 horas con: “Callos”. Odomingo 16 de xuño, a quenda de de tapa é de Moncho Bargo do Pracer Zalaeta, de 13.00 a 14.30 horas, con: “Estofado hindú de carrillera de porco galego, crema de batata josper e ensalada de aromáticas”.
- Os Toque musicais do Mercado aumentan:
- O venres 14 de xuño, o primeiro tardeo corre a cargo da británica Sophie Simonds, ás 19.00 horas
- Sábado 15, na sesión vermú vén da man de Erik Lepeich que se estrea no Mercado a partir das 13.45 horas
- A sesión tardea do sábado, é para Carlos Varela, as 18.30 hora
- E a sesión vermú do domingo 16 de xuño, actúan con clásico do Mercado que volve, Edu Calvario, desde as 13.45 horas
- Bico de Xeado!, os mellores xeados de Galicia
- A Deputación da Coruña, promocionando “O Camiño inglés”
- Zona infantil permanente para os nenos vivan as súas Nubes
- Sorte, o tradicional sorteo coa compra para clientes de San Agustín e de Nubes, está vez grazas Hospeco que sortean unha sensacional cea no NH Collection Finisterre.
Ademais, o Mercado das Nubes contará coa participación dos pintores Román Romeral, elchano e Mosquera, Art Nouveau, Mel Ai Alma co seu mel premiado en 2024 en London Honey Awards, gañador do mellor mel de Galicia, o caricaturista Jorge Blanco coa súa nova liña moi deportiva... Un lugar para comprar, tomar algo ou pasear en compañía de amigos e familia.