O Mercado das Nubes de verán chega a San Agustín do 14 ao 16 de xuño

ACoruñaXa
Un mercado urbano onde comprar de forma sostible e responsable, que busca visibilizar o talento, a creatividade e a diversidade de propostas de 60 participantes
Imaxe do mercado de San Agustín na Coruña
12 Jun 2024

O Mercado das Nubes de Verán abre as súas portas na praza de San Agustín da Coruña, do 14 ao 16 de xuño. Un mercado urbano onde comprar de forma sostible e responsable, que busca visibilizar o talento, a creatividade e a diversidade de propostas de 60 participantes que “lle dan unha pensada” ao seu traballo a través o deseño, a creatividade, a ecoloxía e a proximidade.

Esta edición do mercado contará co seguinte programa:

  • 60 marcas locais, microempresas, persoas que “lle dan unha pensada” en: deseño e creación roupa, vintage, fotografía, complementos, xoiería, deseño gráfico, ilustración, arte, cosmética natural, decoración, gastronomía gourmet, artesanía infrecuente, organizacións solidarias…
  • A experiencia Maridaxes KmC, de Estrella Galicia con produtos da propia Praza San Agustín e preparados por cociñeiros da a Asociación Coruña Cociña: o sábado 15 de xuño, a proposta de tapa é de Chisco Jiménez do Culuca, de 13.00 a 14.30 horas con: “Callos”. Odomingo 16 de xuño, a quenda de de tapa é de Moncho Bargo do Pracer Zalaeta, de 13.00 a 14.30 horas, con: “Estofado hindú de carrillera de porco galego, crema de batata josper e ensalada de aromáticas”.
  • Os Toque musicais do Mercado aumentan:

- O venres 14 de xuño, o primeiro tardeo corre a cargo da británica Sophie Simonds, ás 19.00 horas

- Sábado 15, na sesión vermú vén da man de Erik Lepeich que se estrea no Mercado a partir das 13.45 horas

- A sesión tardea do sábado, é para Carlos Varela, as 18.30 hora

- E a sesión vermú do domingo 16 de xuño, actúan con clásico do Mercado que volve, Edu Calvario, desde as 13.45 horas

  • Bico de Xeado!, os mellores xeados de Galicia
  • A Deputación da Coruña, promocionando “O Camiño inglés”
  • Zona infantil permanente para os nenos vivan as súas Nubes
  • Sorte, o tradicional sorteo coa compra para clientes de San Agustín e de Nubes, está vez grazas Hospeco que sortean unha sensacional cea no NH Collection Finisterre.

Ademais, o Mercado das Nubes contará coa participación dos pintores Román Romeral, elchano e Mosquera, Art Nouveau, Mel Ai Alma co seu mel premiado en 2024 en London Honey Awards, gañador do mellor mel de Galicia, o caricaturista Jorge Blanco coa súa nova liña moi deportiva... Un lugar para comprar, tomar algo ou pasear en compañía de amigos e familia.

Cartel verano

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18687200546265