O luns remata a preinscrición para o campamento de verán de Irixoa

ACoruñaXa
Este campamento está destinado a nenos e nenas de 3 e 14 anos e organizarase en tres quendas durante os meses de xullo e agosto
conciliacion_imaxe_recurso
Imaxe recurso de campamentos de verán
8 Xuño 2024

O Concello de Irixoa, dentro do 'Plan corresponsables: Irixoa Concilia', subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia oferta un campamento de verán que se desenvolverá no Polideportivo Municipal durante os meses de xullo e agosto.

Este campamento está destinado a nenos e nenas de 3 e 14 anos, ten un horario de luns a venres de 9.30 a 14.00 horas, e se realizará desde o día 1 de xullo ao 30 de agosto en tres quendas: a primeira, do 1 ao 19 de xullo; a segunda, do 22 de xullo ao 9 de agosto; e a terceira, do  12 ao 30 de agosto.

O prezo será de 40 euros por cativo, co 50 % de desconto para empadroados no Concello de Irixoa. A preinscrición estará aberta desde o día 1 ao día 10 de xuño de 2024, cubrindo o seguinte formulario.

As actividades consistirán en: xogos ao aire libre, manualidades e artes creativas, actividades acuáticas e teatro e música.

Ademais, toda persoa que precise de máis información pode chamar ao teléfono 981 793 001.

campamento irixoa
0.17083716392517