O Goberno de Culleredo reitera que xa conta cun proxecto para o arranxo da polémica rúa Río Chan

ACoruñaXa
O Concello considera "vergoñento" que tres concelleiros do PP pidan a obra tras votar en contra no pleno
Casa do Concello de Culleredo
14 Ago 2024

O goberno local de Culleredo conta desde decembro cun proxecto constructivo para o acondicionamento da rúa Río Chan, en Fontemaior. O proxecto inclúe a renovación do firme tanto da prolongación desta rúa, que acolle seis vivendas unifamiliares, como da rúa Canceán.

O equipo de goberno entende as demandas dos residentes destas vivendas, que aseguran que levan 20 anos agardando por algunha actuación. A rúa Río Chan, que arrastra unha polémica herdada polo actual alcalde, incluíu unha causa legal por edificación en terreos de solo rústico en 2001 e a construción dun depósito de auga.

Para afrontar esta situación, o Concello levou ao pleno municipal un suplemento de crédito de 750.000 euros para a mellora da rede viaria e así acometer as obras necesarias. Para o goberno municipal, resulta "vergoñento" que tres concelleiros do PP se manifesten agora pedindo a obra cando votaron en contra desta partida no pleno.

O equipo de goberno lamenta que o Partido Popular "volva caer no oportunismo político máis burdo", esixindo en público actuacións que logo vota en contra nos órganos oficiais.

O Concello continúa traballando na elaboración deste proxecto e doutros proxectos en zonas que precisan melloras. Nos próximos días, irán licitándose as actuacións segundo a súa prioridade e necesidade.

0.20014214515686