O goberno de Carral levará ao pleno a mellora da seguridade viaria en Sergude

ACoruñaXa
O alcalde exporá este mércores a necesidade de reformar o proxecto de mellora das cunetas de seguridade na parroquia
concello carral
concello carral
24 ene 2024

O alcalde de Carral, Javier Gestal, exporá no pleno ordinario deste mércores 24 de xaneiro, a aprobación dun reformado do proxecto para mellorar as cunetas de seguridade en Sergude. O equipo de goberno elevará a proposta a pleno tras a remisión dun informe de Augas de Galicia que solicitaba unha rectificación no proxecto inicial.

Inicialmente, dende o Concello ían a realizar estas intervencións nas dúas marxes da estrada. Para levalas a cabo, solicitáronse os informes sectoriais correspondentes e, no de Augas de Galicia, o organismo informaba de que a plataforma nesta vía só podía verse ampliada na marxe dereita. As actuacións, valoradas nuns 53.208,31 euros, executaranse con fondos do POS Adicional 2023 da Deputación da Coruña.

Durante o pleno informarase, así mesmo, dun cambio de área, delegándose na concelleira de Obras, Servizos, Medio Rural e Medio Ambiente, Rocío Rabuñal.