O Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo de Cambre quenta motores

ACoruñaXa
O próximo sábado 17 de febreiro as rúas de Cambre volverán a encherse de disfraces, música e bo ambiente un ano máis.
Entroido Pequeno de Cambre 1
Entroido Pequeno de Cambre 1
18 ene 2024

O próximo sábado 17 de febreiro as rúas de Cambre volverán a encherse de disfraces, música e bo ambiente un ano máis. Así o confirmou o Concello que ven de sacar a licitación o contrato para celebrar unha das súas festas estrela na que volverá o clásico concurso de disfraces, comparsas e carrozas.

Ademais celebraranse varios concertos, entre eles o de DJ Manri, Juan “O Chunguito”, que será un dos pratos fortes, o de Aixa Romay e a actuación da Orquestra Miramar. A maiores, o mestre de cerimonias encargado de conducir o evento será Juan Fran.  Espera que o evento comece a redor das 16.30 horas e que se prolongue ata as 3.00 horas.

Deste xeito, o servizo de produción do Entroido saíu a licitación cun valor estimado de contrato de 26.723,22 euros. A empresa que resulte adxudicataria deberá realizar os servizos propios da produción do evento, incluíndo a contratación artística das agrupacións. No contrato contémplanse tamén, entre outro, o alugueiro e montaxe de escenarios, estruturas de acceso, valado de seguridade, equipo de iluminación e servizos de asistencia técnica.