O Entroido de Miño repartirá máis de 1.200 euros en premios

ACoruñaXa
Os eventos concentraranse o sábado 10 e o domingo 11 e contarán coa actuación da orquestra Grupo Orixe
entroido miño
entroido miño
2 feb 2024

O Concello de Miño celebrará o Entroido por todo o alto cunha programación de actividades con opcións para todos os gustos e idades, e na que destaca o tradicional concurso de disfraces no que se repartirán un total de 1.200 euros en premios e a actuación da orquestra Grupo Orixe.

Os eventos empezarán o sábado 10 de febreiro coa 'Gran festa de disfraces', que culminará ás 22.30 horas coa verbena, amenizada polo Grupo Orixe. No descanso do grupo entregaranse os premios do concurso de disfraces, que repartirá máis de 1.200 euros en galardóns en dúas categorías: A, dunha a tres persoas; e B, de catro persoas en diante.

Os nenos serán os protagonistas da xornada do domingo 11 de febreiro. Ás 17.30 horas celebrarase a 'Feira Infantil', na que haberá xogos de circo, animación e moita música. Ademais, nas pistas de Rabazal de Miño haberá instalada unha carpa, así como baños públicos, bar e unha foodtruck.