O Consorcio realiza accións de sensibilización ambiental nos colexios

ACoruñaXa
As accións levaranse a cabo a través da presenza no centro dun Punto Limpo Móbil
Punto-limpo-móbil-del-Consorcio-As-Mariñas
9 Out 2024
O Consorcio as Mariñas pon en marcha unha actividade de sensibilización que se ofrece a tódolos centros escolares de primaria e secundaria dos oito concellos que comprende o Consorcio As Mariñas. As accións levaranse a cabo a través da presenza no centro dun Punto Limpo Móbil (é unha instalación de recepción selectiva de residuos urbanos especiais como pequenos RAEE, baterías, pilas, lámpadas, CD, DVD, botes de pintura e aerosois) nos colexios.
Durante unha semana, a comunidade educativa poderá depositar no mesmo os residuos para os que está destinado, conseguindo deste xeito facilitar un punto de entrega dese tipo de residuos; promover a recollida separada das fraccións de residuos, especialmente os de maior potencial contaminante e que se xeran en menor cantidade; combater o depósito incorrecto destes residuos no lixo común ou directamente no chan á beira dos colectores; contribuír á sensibilización en materia de residuos, promovendo o concepto de economía circular; favorecer a recollida, clasificación e preparación dos residuos especiais do fogar, para a súa re- utilización; e completar o servizo que se ofrece desde o Consorcio As Mariñas coa recollida de voluminosos, Minipunto Limpo Fixo e Punto Limpo Fixo.
O correcto depósito de residuos supón un tratamento eficiente para os mesmos na procura de entornos limpos e saudables. Isto implica a necesidade de sensibilizar na separación en orixe e no adecuado uso dos colectores instalados en vía pública para cada fracción (orgánico, inorgánico, papel, vidro, aceite, téxtil) así como do depósito do resto de tipoloxías de residuos urbanos en Punto Limpo. O Punto Limpo Móbil estará acompañado de persoal técnico que resolverá dúbidas e proporcionará consellos para unha correcta separación dos residuos. Esta iniciativa iniciouse no último trimestre do curso 20-21 e participaron 4 centros. No curso 21-22 participaron 9 centros: no 22-23 10 centros e no 23-24 11 centros.
0.18961906433105