?> O Consorcio Provincial da Coruña recoñece a 174 traballadores recoñecidos como fixos en ACoruñaXa

O Consorcio Provincial da Coruña recoñece a 174 traballadores recoñecidos como fixos

ACoruñaXa
O acordo, acadado entre o Consorcio e a parte sindical o pasado 4 de abril, foi aprobado este venres na sesión de pleno ordinario do Consorcio
Imaxe da sesión plenaria celebrada este venres en Carballo
Imaxe da sesión plenaria celebrada este venres en Carballo
Redacción ACoruñaXa
26 abr 2024

O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña celebrou esta mañá na sede da Deputación da Coruña unha sesión de pleno ordinario encabezada polo presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, na que se oficializou a aprobación definitiva do recoñecemento de 174 efectivos como persoal laboral fixo, sendo a entidade coruñesa a primeira en facelo dentro do ámbito autonómico.

Deste xeito formalízase con carácter oficial o acordo acado o pasado 4 de abril entre o Consorcio Provincial coruñés e os profesionais, segundo o cal, ademais do paso a persoal laboral fixo das 174 prazas subrogadas desde o 1 de xaneiro de 2020 das empresas que prestaban o servizo, tamén se recoñece a antigüidade dos traballadores e traballadoras.

Reparto dos efectivos

Con esta modificación da cualificación xurídica da natureza da relación laboral do persoal subrogado o reparto nos dez parques provinciais é o seguinte:

Parque Sarxentos Cabos Bombeiros Total
Arteixo 1 5 10 16
Arzúa 0 5 12 17
As Pontes 1 6 10 17
Betanzos 1 5 11 17
Boiro 1 5 11 17
Carballo 0 5 11 16
Cee 1 6 11 18
Ordes 1 5 12 18
Ribeira 1 5 6 12
Santa Comba 1 6 11 18
Vacantes 8