O Consorcio Provincial da Coruña recoñece a 174 traballadores recoñecidos como fixos
O Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña celebrou esta mañá na sede da Deputación da Coruña unha sesión de pleno ordinario encabezada polo presidente do ente provincial, Valentín González Formoso, na que se oficializou a aprobación definitiva do recoñecemento de 174 efectivos como persoal laboral fixo, sendo a entidade coruñesa a primeira en facelo dentro do ámbito autonómico.
Deste xeito formalízase con carácter oficial o acordo acado o pasado 4 de abril entre o Consorcio Provincial coruñés e os profesionais, segundo o cal, ademais do paso a persoal laboral fixo das 174 prazas subrogadas desde o 1 de xaneiro de 2020 das empresas que prestaban o servizo, tamén se recoñece a antigüidade dos traballadores e traballadoras.
Reparto dos efectivos
Con esta modificación da cualificación xurídica da natureza da relación laboral do persoal subrogado o reparto nos dez parques provinciais é o seguinte:
Parque | Sarxentos | Cabos | Bombeiros | Total |
Arteixo | 1 | 5 | 10 | 16 |
Arzúa | 0 | 5 | 12 | 17 |
As Pontes | 1 | 6 | 10 | 17 |
Betanzos | 1 | 5 | 11 | 17 |
Boiro | 1 | 5 | 11 | 17 |
Carballo | 0 | 5 | 11 | 16 |
Cee | 1 | 6 | 11 | 18 |
Ordes | 1 | 5 | 12 | 18 |
Ribeira | 1 | 5 | 6 | 12 |
Santa Comba | 1 | 6 | 11 | 18 |
Vacantes | 8 |