O Consorcio As Mariñas convoca unha nova edición do Concurso Fotográfico para o seu Calendario 2025

ACoruñaXa
A nova edición busca capturar a riqueza cultural e ambiental dos concellos que forman parte do Consorcio As Mariñas
(Primeiro premio) Daniel Marti Rodriguez Mirando a historia
30 sep 2024

O Consorcio As Mariñas pon en marcha unha nova edición do Concurso Fotográfico 'Calendario Consorcio As Mariñas 2025', un certame que busca capturar, a través da fotografía, a rica diversidade cultural, artística, paisaxística e medioambiental dos oito concellos que compoñen a entidade: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

Este concurso, de participación aberta, permite a cada participante enviar un máximo de tres fotografías que reflictan aspectos relacionados co medio ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural e histórico da zona. As imaxes deberán ser en formato horizontal, a color e en dixital JPG, cunha resolución mínima de 3 megapíxeles. As fotografías poden ser enviadas como arquivo adxunto por correo electrónico ou a través de WeTransfer ao enderezo comunicacion@consorcioam.org.

O prazo para a presentación de fotografías comeza o 1 de outubro de 2024 e pecharase o 20 de novembro. Un xurado, formado polo presidente do Consorcio As Mariñas ou a persoa que este designe, un fotógrafo de prestixio, o xerente do Consorcio, a técnica de comunicación e proxectos e a técnica de medio ambiente, seleccionará 12 fotografías de participantes diferentes, elixindo entre elas un primeiro premio. Tamén se escollerán tres traballos adicionais que formarán parte da "lista de reserva".

Os 12 gañadores recibirán, por correo ordinario, 10 exemplares do calendario do Consorcio As Mariñas 2024. O “gañador absoluto” entre os seleccionados levará, ademais, unha tablet como premio.

Este concurso representa unha excelente oportunidade para que os amantes da fotografía poidan mostrar a súa visión sobre a beleza e riqueza do patrimonio natural e cultural da comarca.

0.18372297286987