O concurso de disfraces de Oleiros repartirá 5.200 euros en premios

ACoruñaXa
A festa será no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz o vindeiro venres 16 de febreiro
Cartel Entroido municipal 2024
Cartel Entroido municipal 2024
2 feb 2024

O Concello de Oleiros organiza unha gran festa de disfraces o venres 16 de febreiro no Pavillón Polideportivo Arsenio Iglesias de Santa Cruz. Como cada ano, haberá concurso de disfraces no que se repartirán un total de 5.200 euros en premios.

A Orquestra Os Satélites amenizará a tarde desde as 18.00 horas e o concurso de disfraces, previsto para as 19.00 horas contará con dúas categorías ou modalidades: grupos e individual ou parellas. Na modalidade de grupos haberá un primeiro premio de 1.500 euros, un segundo premio de 1.000 euros, dous terceiros premios de 500 euros e un accésit de 400 euros. Na categoría inividual ou parellas haberá un primeiro premio de 400 euros, un segundo premio de 300 euros, dous terceiros premios de 200 euros e dous accésit de 100 euros. Os accésit serán outorgados polo xurado se así o considera convinte atendendo á calidade global dos disfraces participantes.

As bases do concurso serán publicadas nos vindeiros días no BOP. O prazo para inscribirse comezará o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e rematará o próximo día 15 de febreiro ás 14.00 horas.

As inscricións deben realizarse a través do formulario web na Sede Electrónica municipal ou ben de forma presencial no Rexistro do centro Cultural A Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo). A recollida de dorsais para o concurso poderá efectuarse na Fábrica, o xoves 15 de febreiro (8.30-14.30h) e o venres 16 de febreiro (8.30-14.30h) e no propio Pavillón Arsenio Iglesias o día do concurso de 16.30 a 18.00 horas.

A recollida de dorsais para o concurso poderá efectuarse na Fábrica, o xoves 15 de febreiro  en horario de 8.30 a 14.30 horas e o venres 16 de febreiro de 8.30 a 14.30 horas e no propio Pavillón Arsenio Iglesias o día do concurso de 16.30 a 18.00 horas.