O concurso de disfraces de Irixoa celebrarase o luns 12 de febreiro

ACoruñaXa
O Concello de Irixoa atópase ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso de disfraces, que se celebrará o día 12 de febreiro e repartirá un total de 840 euros en premios.
Entroido
22 Xan 2024

O Concello de Irixoa atópase ultimando os preparativos para recibir o Entroido a través do concurso de disfraces, que se celebrará o día 12 de febreiro e repartirá un total de 840 euros en premios.

O evento terá lugar nunha carpa no Campo da Festa de Irixoa a partir das 23:00 horas e o  Grupo Fenix será o encargado de ameizar a velada.

Así, todas as persoas interesadas en apuntarse nalgunha das categorías (soamente se permite participar nunha categoría por persoa) que figuran no cartel deberán facelo o mesmo día, a partir do comezo do evento.

Nomearanse un xurado que será o encargado de outorgar os premios o mesmo día do concurso. Os seus integrantes valorarán a orixinalidade e a laboriosidade dos disfraces e a posta en escea dos participantes, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

Premios

Segundo a categoría na que se participe, haberán diferentes premios. Así, con respecto aos individuais ou en parellas, haberá un primeiro premio de 110 euros, un segundo de 90 euros e un terceiro de 70 euros.

No referido aos premios para grupos (de máis de tres persoas), estes serán de 210 euros para o que quede primeiro, de 190 euros para os segundos e de 170 euros para os terceiros.

 

 

0.087054014205933