O Concello de Oleiros sinala a necesidade da ampliación da ponte Pasaxe e a conexión da vía Ártabra coa AP-9

ACoruñaXa
Piden á Xunta e ao Goberno central a execución de ambas actuacións que permitirán mellorar moi notablemente os problemas de tráfico existentes na comarca da Coruña e que afectan especialmente a Oleiros
Imaxe da ponte da Pasaxe en Oleiros
Imaxe da ponte da Pasaxe en Oleiros
10 Xuño 2024

O Concello de Oleiros urxe aos Gobernos de Madrid e Santiago a acometer, respectivamente, as obras pendentes de ampliación da ponte Pasaxe e conexión da vía Ártabra coa AP-9. A execución de ambas actuacións permitiría mellorar moi notablemente os problemas de tráfico existentes na comarca da Coruña e que afectan especialmente a Oleiros, principal porta de entrada e saída da cidade da Coruña (máis de 90.000 vehículos fan uso a diario das estradas que atravesan Oleiros).

Os distintos Gobernos de España que se sucederon limitáronse a facer declaracións de intencións, sempre en precampaña electoral, e nunca abordaron o grave problema que o embudo da Pasaxe ocasiona. Recentemente, o Ministerio de Transportes comprometeuse a realizar a ampliación da ponte unha vez concluísen as obras de Sol y Mar.

A conexión da Vía Ártabra coa AP-9, que chegou a iniciarse, leva 3 anos paralizada pola nefasta xestión do Goberno autonómico. A Consellería debe contratar de novo as obras para poder conectar a Ártabra coa Autopista do Atlántico na zona de Pravio.

Denden o Concello sinalan que os Gobernos de Madrid e Santiago están obrigados a cumprir coa cidadanía. As consecuencias da carencia destas infraestruturas son perdas de tempo diarias inasumibles para as persoas e tamén para as empresas.

 

0.15027093887329