O Concello de Oleiros organiza unha ruta polo río Gafos o vindeiro 19 de outubro

ACoruñaXa
A actividade, que incluirá tamén un paseo pola vila de Pontevedra, forma parte do programa 'Andares por Galicia, a Cultura da Natureza'
Río Gafos
Río Gafos
8 Out 2024

O vindeiro sábado 19 de outubro terá lugar unha nova edición do programa 'Andares por Galicia, a Cultura da Natureza', organizado polo Concello de Oleiros, coa Ruta polo Río Gafos e paseo pola vila de Pontevedra.

As persoas participantes visitarán puntos de interese como o sendeiro fluvial dos Gafos, muíños de Cabanas e do Toxal, pontes de Valentín, Condesa, Rebón, Leira, Ansuíña; Brañas, Zona de interese botánico, soutos e bosques de ribeira da ruta, centro histórico de Pontevedra, prazas da Ferreiría, Teucro, praza da Leña, praza da Verdura, Basílica de Santa María, Santuario da Peregrina, Igrexa de San Francisco, Ruínas de Santo Domingo, Xardíns de Vicenti, Colón e Sampredo, ponte do Burgo sobre o Lérez para rematar cunha visita cultural ao Museo Provincial de Pontevedra.

Este programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.

A saída do 19 de outubro contará con 3 guías especializados e ofértanse 40 prazas dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 23,00 euros.

As preinscricións realizaranse preferentemente na Sede electrónica/catálogo de trámites/cultura a partir domartes 8 de outubro ás 10.00 horas. No caso de que algunha persoa non lle sexa posible realizala así, poderá facelo na Fábrica en horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas

0.17222213745117