O Concello de Oleiros denuncia un intento de suplantación telefónica

ACoruñaXa
No día de onte varias persoas maiores estiveron a recibir chamadas nas que se suplantaba ao Concello de Oleiros
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
Imaxe da casa do Concello de Oleiros
24 abr 2024

O Concello de Oleiros informa de que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal convocatoria, nin por parte do Concello nin por parte da entidade prestadora do servizo.

Onte, martes 23 de abril, varias persoas maiores estiveron a recibir chamadas nas que se suplantaba ao Concello de Oleiros e se convocaba unha reunión sobre Axuda no Fogar o xoves 25 de abril pola mañá, que incluía a recollida da persoas maiores nos seus domicilios. Nada disto é certo.

Para evitar posibles enganos, o Concello recomenda ás veciñas e veciños que recibiron estas chamadas que non acudan a esa convocatoria realizada no nome do Concello de Oleiros xa que non é certa.