O Concello de Miño organiza unha excursión a Viveiro e Mondoñedo

ACoruñaXa
A viaxe será o sábado 3 de febreiro e está dirixida aos seus veciños e veciñas maiores de 55 anos
Mondoñedo
Mondoñedo
28 ene 2024

O Concello de Miño organizaunha excursión para os seus veciños e veciñas maiores de 55 anos a Mondoñedo e Viveiro o sábado 3 de febreiro.

O punto de saída será na a rúa do Mercado, ás 8.30 horas, e incluirá unha visita opcional á catedral de Mondoñedo, cun prezo de seis euros por persoa; unha comida en Viveiro, a un prezo de quince euros por cabeza; e unha visita á exposición permanente de Semana Santa, tamén nesta localidade.

As persoas interesadas en participar poderán anotarse na oficina de Turismo ata o día 1 de febreiro, tendo preferencia os empadroados no Concello de Miño.