O Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña estudan ampliar a mellora da DP-0510 ata o límite con Arteixo

ACoruñaXa
Analizan cambios na sinalización viaria e a prolongación das obras para mellorar a seguridade en Orro
Culleredo Orro
24 sep 2024

O Concello de Culleredo e a Deputación da Coruña avalían novas intervencións na estrada provincial DP-0510, actualmente en obras entre Confurco e Orro para mellorar a seguridade viaria.

Estas melloras, financiadas pola Deputación cun orzamento de 1,9 millóns de euros, atópanse na súa fase final. As obras inclúen a ampliación do vial de 5 a 7 metros, a mellora do trazado e a construción dunha senda peonil de 2 metros de ancho.

Fronte as demandas dos veciños da zona, o goberno municipal ha solicitado modificacións na sinalización viaria deste tramo, como a eliminación da liña continua en puntos crave para facilitar o acceso a camiños transversais e leiras lindeiras. Os técnicos da Deputación estudan estas propostas para mellorar a calidade de vida dos residentes.

Ademais, Concello e Deputación traballan na prolongación das obras ata o límite con Arteixo, o que permitiría mellorar as condicións de seguridade en todo o tramo desde a saída da Terceira Rolda ata Souto. O proxecto está a ser avaliado en dúas fases para facilitar a súa execución no futuro.

0.1800708770752