O Concello de Betanzos apoia á Ampa do Colexio Vales Villamarín e reclama máis profesores de reforzo

ACoruñaXa
Piden á Xunta que “non abandone as necesidades educativas do colexio”, un dos centros con maior número de alumnos de toda Galicia
Imaxe do CEIP Vales Villamarín de Betanzos
1 Dec 2025

O Concello de Betanzos amosa o seu respaldo á Ampa do Colexio Vales Villamarín, un dos centros con maior número de alumnado en Galicia, na súa reclamación para que a Xunta aumente o número de profesores de apoio no centro. “É necesario que a Xunta reaccione e non abandone as necesidades educativas do colexio Vales Villamarín”, afirmou a alcaldesa, María Barral, que insiste en que a Administración autonómica debe atender as peticións realizadas polo Ampa e apoiadas polo Concello.

Entre as demandas concretas, a alcaldesa sinalou que o centro necesita polo menos un profesor de reforzo de Educación Primaria, dous de Pedagoxía Terapéutica e un de Audición e Linguaxe, todos eles a tempo completo. Segundo explicou, estas incorporacións deberían realizarse “o antes posible”, xa que a Consellería leva semanas informada das necesidades do alumnado.

Barral subliñou o compromiso do Concello coa comunidade educativa, asegurando que estarán “ao lado do Ampa e apoiaremos todas aquelas reivindicacións que se fagan pola mellora educativa en Betanzos”. Tamén recordou que, no seu momento, “desde o grupo de goberno apoiouse unha moción en Pleno sobre reivindicacións para mellorar os centros educativos e cubrir as necesidades de profesorado, moción que non contou lamentablemente co apoio do PP de Betanzos.”

⚙ Configurar cookies
0.051239967346191