O Concello de Bergondo saca a licitación o pavimentado do camiño de A Areosa, en San Cidre

ACoruñaXa
O prazo para presentar solicitudes remata o martes 16 de abril
Imaxe aérea doespazo a pavimentar na actuación plantexada por Bergondo
Imaxe aérea doespazo a pavimentar na actuación plantexada por Bergondo
7 abr 2024

O Concello de Bergondo sacou a licitación un contrato valorado en 60.000 euros para a pavimentación da travesía de San Cidre, coñecida como camiño da Areosa. O prazo para presentar ofertas no perfil de contratante municipal finaliza o 16 de abril.

Os traballos que levarán a cabo nese tramo consistirán no acondicionamento do firme e a limpeza de cunetas. Ademais, demoleranse as dúas plataformas para contedores para volver reconstruílas incorporando un paso para o auga.