?> O CEMIT Betanzos presenta a súa programación para o mes de maio en ACoruñaXa

O CEMIT Betanzos presenta a súa programación para o mes de maio

ACoruñaXa
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia publica a programación das tres actividades formativas que terán lugar este mes de maio en Betanzos
dixitalizacion
dixitalizacion
Redacción ACoruñaXa
27 abr 2024

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos publica a programación das tres actividades formativas que terán lugar este mes de maio.

Neste sentido, os días 3, 10, 24 e 31 de maio terá lugar o curso 'Dixitalización' dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do teléfono, banca electrónica, caixeiros automáticos e a aplicación do Sergas. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09.30 a 12.00 horas.

O día 8 de maio terá lugar a charla 'Lei de Benestar Animal' dirixido ao público en xeral. Nesta actividade terán a oportunidade de aprender aspectos básicos da lei así como as prohibicións e as obrigacións dos titulares dos animais. En horario de 11.00 a 12.30 horas.

Os días 6, 13, 20 e 27 de maio terá lugar o curso 'Iniciación á Informática' dirixido ao público en xeral. En horario de 10.00 a 11.30 horas.

E o día 16 de maio terá lugar a charla 'Contaminación Luminosa' dirixido ao público en xeral interesado en coñecer as causas e consecuencias do uso e abuso da luz artificial. En horario de 11.00 a 12.30 horas.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Betanzos sito na rúa Emilio Romay, nº 1, a través da páxina web, chamar ao teléfono 6186930052401, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.betanzos@xunta.gal.