O BNG mostra o seu apoio á veciñanza promotora da comunidade enerxética de Vilarmaior

ACoruñaXa
O BNG trasladou o seu apoio á veciñanza que promove a comunidade enerxética de Vilarmaior e reitera a súa petición ao alcalde popular, Carlos Vázquez Quintián, para que o concello apoie esta proposta levada ao cabo pola asociación vecinal A Armonía.
Vilarmaior
Vilarmaior
22 ene 2024

O BNG trasladou o seu apoio á veciñanza que promove a comunidade enerxética de Vilarmaior e reitera a súa petición ao alcalde popular, Carlos Vázquez Quintián, para que o concello apoie esta proposta levada ao cabo pola asociación vecinal A Armonía.

Neste sentido a portavoz do BNG de Vilarmaior, Isabel Golpe, explicou que: “O goberno local de Vilarmaior ten que poñerse á disposición da veciñanza e o que non pode é negarse sequera a escoitar as propostas que supoñen un beneficio tanto económico como ambiental para o noso concello”.

Xunto a isto, a voceira do BNG engadiu que: “Fai meses que estas veciñas e veciños veñen pedindo unha xuntanza co alcalde para recadar o seu apoio e a cesión do dereito para instalar as placas solares en edificios públicos que dependen do concello sen obter resposta ningunha”, engadiu a voceira nacionalista.

O BNG trasladará ao próximo pleno ordinario as demandas da veciñanza que promove esta cooperativa enerxética. Dado que, en palabras de Golpe, este proxecto vai na liña de facer o concello  un lugar máis sostible desde o punto de vista ambiental, cun beneficio evidente para a veciñanza.