O BNG defende a identidade da literatura en galego

ACoruñaXa
Mercedes Queixas visitou a sede da editora Apiario e destacou que este tipos de selos xurdidos da base da sociedade enchen o baleiro que deixa a inacción da Xunta en materia literaria
Mercedes Queixas con Dores Tembrás, no centro, e Antía Otero
26 Xan 2024

A número dous da candidatura do BNG ao Parlamento pola circunscrición da Coruña, Mercedes Queixas, visitou esta mañá a sede da editora Apiario, da man das súas dúas responsables, as poetas Antía Otero e Dores Tembrás.

Queixas quixo destacar que Apiario "é xa hoxe un proxecto sólido, a piques de facer os 10 anos. É un exemplo máis do inmenso capital cultural que temos na Coruña como cidade literaria".
É afirmou que editoras como Apiario, “xurdidas da base da sociedade”, enchen co seu traballo “o baleiro que deixa a inacción do goberno galego en mans do Partido Popular”.

Ademais a nacionalista denunciou que a mostra desa inacción por parte da Xunta vese no feito de que o libro galego viaxa ás feiras internacionais, sen o apoio e o acompañamento do Goberno autonómico. “Isto vai mudar a partir do 18 de febreiro. O libro galego é cultura, é identidade, mais tamén é industria, é emprego de calidade. Desde logo, o sector ha contar con todo o apoio do Goberno Galego que en menos dun mes liderará Ana Pontón”, concluíu.

 

0.18896102905273