O BNG de Betanzos demanda accesibilidade ás embarcacións para persoas con mobilidade reducida

ACoruñaXa
Vanessa Rey: “Medidas como estas facilitarían a integración destas persoas e facilitaríalles o desfrute das actividades náuticas polo que solicitamos a instalación dun novo embarcadoiro”
A concelleira do BNG de Betanzos, Vanessa Rey
A concelleira do BNG de Betanzos, Vanessa Rey
21 Maio 2024

O BNG de Betanzos pediu no Pleno melloras nas ramplas de acceso ás embarcacións para facilitar o acceso ás persoas con mobilidade reducida. “As persoas que usan o peirao e que navegan nas augas da nosa ría e dos nosos ríos indícannos a necesidade de instalar un embarcadoiro que permita o acceso ás embarcacións ás persoas con mobilidade reducida”, explicou a concelleira do BNG, Vanessa Rey.

“Medidas como estas facilitarían a integración destas persoas e facilitaríalles o desfrute das actividades náuticas polo que solicitamos a instalación dun novo embarcadoiro”, engadiu Rey.

Campa de Varada

Desde o BNG tamén lembraron que seguen pendentes os trámites necesarios para a creación dunha campa de varada na ría de Betanzos. “Solicitámoslle ao goberno socialista información sobre o estado de tramitación da campa de varada, moi necesaria para as nosas embarcacións”, apuntou Rey.

As nacionalistas lembraron que levan anos insistindo nesta solicitude, que o goberno local apoiou as súas demandas, sen que polo momento se avanzase na súa construción.

 

 

0.17063808441162