O BNG de Bergondo logra poñer unha zona de artesanía e produtos locais no Festival Folk de Guísamo

ACoruñaXa
O voceiro do BNG, David Carro: "Podemos sacar partido ao festival para que se coñeza, se comercialice e se poña en valor a artesanía, produtores e produtoras da zona, creando unha zona de postos dentro do festival"
Imaxe de David Carro, voceiro do BNG en Bergondo
Imaxe de David Carro, voceiro do BNG en Bergondo
16 abr 2024

O pleno de Bergondo aprobou por unanimidade, cunha pequena emenda do PSOE, a proposta do BNG para converter o Festival Folk de Guísamo nun novo escaparate para artesanía, persoas produtoras ou pequenas empresas da localidade e a comarca, interesadas en comercializar ou dar a coñecer os seus produtos neste evento que xa é unha data consolidada no panorama festivo do verán.

"Podemos sacar partido ao festival para que se coñeza, se comercialice e se poña en valor a artesanía, produtores e produtoras da zona, creando unha zona de postos dentro do festival", indicou o portavoz nacionalista David Carro.

"Propuxemos que para comezar, se solicitase para isto a axuda da Reserva da Biosfera, posto que alí xa contan cunha base de datos de produtores e produtoras locais e de artesanía que poderían ter interese na iniciativa, aínda que non sexa requisito indispensábel a pertenza a esta para poder instalarse", expuxo Carro.