O BNG da Coruña homenaxea este sábado ao activista nacionalista Pedro Galán Calvete

ACoruñaXa
O acto, que terá lugar no cemiterio de Santo Amaro, lembrará a figura do mozo de 19 anos, executado polos fascistas polo seu activismo a prol dos ideais galeguistas
pedro galán calvete
20 sep 2024

O BNG da Coruña organiza este sábado unha homenaxe en memoria de Pedro Galán Calvete, un mozo de 19 anos asasinado en setembro de 1936 polos fascistas debido ao seu compromiso cos ideais nacionalistas e galeguistas.

Galán, que foi secretario de Organización das Mocidades Galeguistas e cofundador do Clube do Mar, destaca pola súa defensa da cultura, a lingua galega e os dereitos sociais.

O acto terá lugar no cemiterio de Santo Amaro ás 12.00 horas, onde se realizará unha ofrenda floral na súa tumba. Durante a cerimonia, o historiador Narciso de Gabriel, catedrático da Universidade da Coruña, tomará a palabra para rememorar a figura de Galán e o seu legado político e social.

Esta homenaxe forma parte da conmemoración anual preto do seu cabodano, que se celebrou o pasado 16 de setembro, nun recoñecemento ao seu labor incansable pola defensa dos dereitos e da identidade galega nun contexto de represión e violencia.

0.20256686210632