O BNG da Coruña denuncia a inactividade da Concellaría de Emprego e suxire potenciar os obradoiros de formación

ACoruñaXa
O partido esixe unha mellora na Concellaría de Emprego e propón aumentar a inversión en formación para a mocidade
Imaxe do concelleiro do BNG, David Soto
20 Ago 2024

O concelleiro do BNG David Soto rexistrou recentemente unha serie de preguntas escritas para denunciar a falta de actividade da Concellaría de Emprego no que vai de mandato. Segundo Soto, a actuación do departamento encargado de fomentar o emprego na cidade ten sido "mínima", sinalando como exemplo a falta de actualización na conta de Facebook do espazo Accede Papagaio de coworking desde o 23 de outubro de 2023.

“Queremos saber por que a actividade da Concellaría de Emprego tem sido tan limitada”, afirmou Soto, quen tamén cuestiona se se encargaron estudos para analizar as necesidades laborais da Coruña, especialmente entre a mocidade. “A taxa de ocupación entre os mozos e mozas da cidade continúa a ser moi baixa”, engadiu o edil nacionalista.

En resposta á situación actual, o BNG propón que o Concello aumente a inversión en actividades de formación. En particular, suxiren desenvolver obradoiros dirixidos á mocidade e a sectores que ofrezan maiores oportunidades de emprego na cidade. Esta medida busca abordar a falta de emprego e mellorar as perspectivas laborais para os mozos e mozas de A Coruña.

0.16615390777588