Nas vindeiras semanas procedérase á reparación dos viarios e áreas afectadas de Culleredo polas obras da ría do Burgo

ACoruñaXa
A empresa responsable da obra executará as melloras acordadas, que se produce apenas uns días despois do encontro mantido co delegado do Goberno en Galicia
Imaxe da reunión celebrada entre a subdelegación do Goberno e o Concello de Culleredo
Imaxe da reunión celebrada entre a subdelegación do Goberno e o Concello de Culleredo
7 may 2024

Nos vindeiros días acometéranse as actuacións que se van repoñer aquelas zonas e viarios do Concello de Culleredo que resultaron afectadas pola execución dos traballos de dragado e rexeneración da ría do Burgo. Así o acordaron este martes nunha reunión técnica que se celebrou na Subdelegación do Goberno, e que contou coa asistencia da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo e o xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Carlos Gil; responsables da empresa adxudicataria do proxecto da Ría do Burgo, e de persoal técnico de ambas administracións.

Neste sentido, durante o encontro a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, avanzou hoxe co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, as actuacións que se van efectuar nos vindeiros días para repoñer aquelas zonas e viarios do Concello que resultaron afectadas pola execución dos traballos de dragado e rexeneración da ría do Burgo. Así o acordaron hoxe nunha reunión técnica que se celebrou na Subdelegación do Goberno, e que contou coa asistencia do xefe da Demarcación de Costas do Estado en Galicia, Carlos Gil; responsables da empresa adxudicataria do proxecto da Ría do Burgo, e de persoal técnico de ambas administracións.

A subdelegada do Goberno convocou este encontro apenas uns días despois da reunión que mantiveron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, co alcalde e a propia subdelegada. Naquel encontro acordouse avanzar a nivel técnico nestas reparacións, o que se materializou esta mañá.

A reunión de hoxe celebrouse nun clima de entendemento e colaboración entre as partes, e nela concretáronse as zonas que van ser obxecto das obras de restauración. Trátase de áreas na contorna do paseo marítimo do Burgo ao paso por Culleredo nas que se pode apreciar o impacto do paso dos camións e da maquinaria pesada así como de acumulación de materiais e de equipamentos propios dunha obra desta magnitude.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, sinalou o “total entendemento existente entre o Concello e o Goberno para que o noso Paseo Marítimo luza da mellor maneira posible”, e quixo agradecer “tanto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, con quen me reunín a semana pasada, como a María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña, persoal técnico e tamén á Demarcación de Costas todo o seu esforzo”, nunha reunión que valorou como “moi positiva para o futuro dunha infraestrutura vital para Culleredo”.

Mentres que, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, insistiu en que “eu quero trasladarlles ás veciñas e aos veciños de Culleredo que verán que nas próximas semanas a empresa vai seguir traballando na zona en coordinación cos técnicos municipais para deixar o Paseo Marítimo e as zonas adxacentes en correcto estado, permitindo así o uso e goce deste espazo”.

Deste xeito, nos vindeiros días, o persoal da empresa adxudicataria da obra de rexeneración comezará a traballar nestas reparacións, que, por outra banda, son habituais nas obras públicas. O Ministerio para a Transición Ecolóxica recepciounou a obra de dragado e rexeneración da ría do Burgo a finais do pasado mes de abril.