Miño presetou este domingo nunha camiñata a Senda das Marismas do Baxoi

ACoruñaXa
O Concello de Miño deu a coñecer onte, domingo 7 de abril, un dos seus recursos turísticos naturais máis importantes, a Senda dás Marismas do río Baxoi.
Imaxe da camiñata pola Senda das Marismas do Baxoi en Miño
Imaxe da camiñata pola Senda das Marismas do Baxoi en Miño
8 abr 2024

O Concello de Miño deu a coñecer onte, domingo 7 de abril, un dos seus recursos turísticos naturais máis importantes, a Senda dás Marismas do río Baxoi. Este camiño pertence á rede de sendas recentemente presentada polo Concello (Moito que camiñar) e combina tramos de terra con pasarelas de madeira que se integran perfectamente na paisaxe de ribeira.

A actividade foi aberta ao público e participou un bo número de veciños e veciñas do municipio. A saída foi desde o parque da Rúa e durou ao redor de dúas horas.

O goberno local de Miño reforza a súa aposta pola mobilidade sostible dentro do municipio co desenvolvemento dunha rede de sendas que, ademais de ser un gran atractivo turístico e ambiental, permiten aos veciños e veciñas moverse a pé entre os diferentes núcleos do termo municipal.