Miño dará o salto á cobertura 4G e 5G

ACoruñaXa
As principais operadoras de telefonía móbil comezarán a ofrecer en Miño estes servizos móbiles de nova xeración
Imaxe recurso de banda ancha
Imaxe recurso de banda ancha
6 may 2024

As principais operadoras de telefonía como Telefónica, Vodafone e Orange, empezarán nas vindeiras semanas o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, en Miño. Isto permitirá aos e as miñenses gozar de conexións móbiles de alta velocidade e unha mellor cobertura.

Neste sentido, as principais vantaxes desta rede móbil son as melloras na velocidade de descarga ou o envío de datos, así como mellorar a rede de cobertura móbil no interior dos edificios e en máis puntos do concello.

Desta forma, Miño convértese nun concello máis atractivo para vivir e desenvolver un proxecto empresarial, xa que ofrecerá un servizo de conexión a internet de gran calidade e cobertura móbil de garantías en calquera punto do municipio.

O despregamento pode causar interferencias coa televisión dixital terrestre (TDT), e, para iso, a empresa Chega700 encargarase de solucionar calquera afectación na recepción e o sinal de televisión. Para que aquelas persoas afectadas solucionen as incidencias, a empresa pon ao dispor o teléfono 900 833 999 e a súa páxina web.