Miño asina un convenio con Seaga para loitar contra os incendios forestais

ACoruñaXa
O obxectivo desta iniciativa é facilitar o cumprimento da lei de retirada de biomasa ao concello
Miño pleno 23 xaneiro
Miño pleno 23 xaneiro
24 ene 2024

O Concello de Miño aprobou no pleno deste martes, por unanimidade, a adhesión da administración local ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias(Fegamp) e o Servizo Agrario Galego (Seaga) contra incendios forestais.

O obxectivo deste acordo é facilitar o cumprimento da lei de retirada de biomasa. Deste xeito Seaga, por unha banda será a encargada de definir as franxas secundarias de terreos que rodean a nucleos habitados en todo o municipio e por outra, asumirá a limpeza de 10 km de viais de titularidade municipal incluíndo a limpeza de cunetas, noiros e retranqueo de plantacións forestaise de ata 10 hectáreas de terreos de propietarios privados que non atendesen requirimentos de xestión de biomasa.