Miguel Lorenzo ve un voto de castigo aos socialistas no balance dos resultados do 18F

ACoruñaXa
O voceiro popular no Concello da Coruña insta á alcaldesa Inés Rey a abrirse ao diálogo para falar sobre os problemas da cidade
O voceiro Miguel Lorenzo esta mañá fixo balance das eleccións do 18 F
20 Feb 2024

O portavoz do grupo popular no Concello da Coruña cualificou esta mañá como "históricos" os resultados obtidos polo seu partido pasado domingo nas eleccións autonómicas, que permitiron ao seu candidato Alfonso Rueda acadar a maioría absoluta con 40 escanos.

Neste sentido, Miguel Lorenzo apuntou que nestas eleccións, "os coruñeses censuraron a forma de gobernar de Inés Rey. Na Coruña houbo un voto de castigo ás súas políticas. A xente está moi cansa da súa falta de diálogo e de que non solucione ningún problema”. O portavoz  tamén quixo facer un chamamento a Inés Rey para que "deixe de copiar a Pedro Sánchez e de levantar muros á oposición". Tamén destacou que o Partido Popular logrou 40.000 votos máis que o Goberno municipal socialista, que perdeu a metade dos seus votantes en só nove meses desde as municipais, mentres o PP aumentou un 36% os seus votos.

O popular agradeceu aos 57.558 coruñeses que lles deron a súa confianza. "Nos últimos 9 meses gañamos as tres citas electorais na cidade, aumentando cada vez o número de votos. Tivemos o triplo de votos que o Goberno municipal socialista, e case 15.000 votos máis que o segundo partido, o BNG, un 35% máis”, sinalou.

"Logramos o 45% dos votos: practicamente 1 de cada 2 coruñeses votou ao Partido Popular, son 30 puntos máis que o Goberno socialista, de 5 puntos en municipais e 9 en xenerais”. Respecto a as municipais, gañamos 15.400 votos e o Goberno de Inés Rey perdeu 17.400. Se a diferenza entre ambos foi de 6.000 votos entón, agora é de case 40.000”, especificou.

Con todo, apelou ao diálogo construtivo co Goberno da cidade. "Sigo aberto a entrevistarme con Inés Rey, a falar con ela dos grandes problemas da cidade e a buscar solucións", concluíu o popular.

0.18760418891907