Miguel Bosé actuará no Coliseum da Coruña este verán coa súa xira 'Importante Tour'

ACoruñaXa
O artista regresa aos escenarios tras oito anos cun concerto o 11 de xullo
miguel bose tour
28 Nov 2024

Miguel Bosé volve aos escenarios e fará parada na Coruña coa súa esperada xira mundial 'Importante Tour', que chega a España no verán de 2025 tras comezar en febreiro en México. O concerto terá lugar o 11 de xullo no Coliseum da Coruña, nunha xira que celebra a longa traxectoria do artista, recoñecido como unha das grandes figuras do pop internacional.

Con máis de 30 millóns de discos vendidos e 70 singles que alcanzaron os primeiros postos nas listas de éxitos de Europa e América Latina, Bosé promete un espectáculo innovador, vibrante e cargado de emocións. Acompañado por unha banda dirixida musicalmente por Mikel Irazoki, o artista interpretará os seus maiores éxitos, como “Amante Bandido”, “Te Amaré”, “Nena” ou “Si Tú No Vuelves”.

As entradas para este evento estarán dispoñibles a partir do martes 3 de decembro ás 12:00 horas, en puntos de venda como El Corte Inglés e a páxina oficial do artista, MiguelBose.com.

Ademais da parada na Coruña, a xira inclúe concertos noutras cidades españolas, como Madrid, Barcelona, Sevilla ou Bilbao. "Importante Tour" supón o regreso triunfal dun artista cuxa música marcou a varias xeracións e segue conquistando novos públicos.

0.12369203567505