Mesón do Vento celebra esta fin de semana a súa XXV Festa do Lacón con Grelos

ACoruñaXa
O vindeiro fin de semana aos veciños do Mesón do Vento en Ordes celebrarán a súa tradicional Festa do Lacón con Grelos con un amplo abano de actividades, unha Feira de Artesanía e o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas Pura Raza Galega
Festa do lacón con grelos
Festa do lacón con grelos
4 mar 2024

O vindeiro fin de semana aos veciños do Mesón do Vento en Ordes celebrarán a súa tradicional Festa do Lacón con Grelos. Deste xeito os días 9 e 10 de marzo a vila acollerá a 25º edición da tradicional festa.

Os actos comezarán o sábado 9 ás 10.00 horas coa apertura do recinto feiral e a Exposición de Gando e Aves de Curral. Tamén haberá unha Feira de Artesanía e Produtos do Campo e a Exposición de Maquinaria Agrícola. Ás 11.00 horas darase inicio a exhibición de Agility Canino e ás 12.30 horas o VIII Encontro Folclórico.

Pola tarde, ás 17.00 horas terá lugar unha Exhibición de Doma con cabalos de Pura Raza Galega e ás 18.30 horas dará comezo a actuación música do grupo musical Mamá Cabra. Ás 20.00 horas o recinto pechará as súas portas.

Na xornada do domingo 10, a partir das 10.00 horas o recinto feiral abrirá as súas portas e dará comezo a Exposición de Gando e Aves de Curral, a Feira de Artesanía e Produtos do Campo, a Exposición de Maquinaria Agrícola e o pasacalles de gaiteiros.

Ás 11.00 horas terá lugar o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas Pura Raza Galega. Mentres que ás 12.00 horas comezarán as probas de Andaina Tradicional Galega e a degustación de lacón con grelos nos establecementos da zona. Haberá venda de racións de lacón con grelos nas inmediacións da nave de gando. Ás 14.00 horas o grupo Dilema amenizará a sesión vermú.

Na tarde, ás 16.00 horas comezarán as probas de Trote Libre de cabalos, dando paso ás 16.30 horas á carreira de burros e ás 17.30 horas á exhibición de moto freestyle con Paulo Martinho. Ás 19.00 horas a formación Dilema animará o fin de festa e ás 20.00 horas pecharase o recinto.

A festa está organizada coa colaboración do Concello de Ordes, a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a Federación de razas autóctonas de Galicia, Africor e a Asociación de criadores da raza porcina celta.