Mercar nos comercios de Arteixo pode ter premio cun sorteo de 100 euros en vales de compra

ACoruñaXa
A campaña 'Con A de Arteixo', impulsada pola Asociación das Empresas de Arteixo (AEMA), desenvolverase do 29 ao 31 de outubro e permitirá participar rexistrando os tíckets de compras superiores a 10 euros
ARTEIXO con a de arteixo
29 Oct 2026

O comercio local de Arteixo volve ser protagonista cunha nova edición da campaña «Con A de Arteixo», coa que a Asociación das Empresas de Arteixo (AEMA) quere premiar as compras nos establecementos de proximidade. Entre o xoves 29 e o sábado 31 de outubro, as persoas que realicen compras superiores a 10 euros nos negocios asociados poderán participar no sorteo dun premio único de 100 euros en vales de compra.

Para entrar no sorteo, será necesario rexistrar o tícket da compra na web. O prazo para facelo rematará o sábado 31 de outubro ás 23:59 horas, mentres que a persoa gañadora se dará a coñecer o martes 3 de novembro.

Os vales poderán empregarse ata o 31 de decembro de 2026 nas empresas socias de AEMA. A iniciativa busca incentivar as compras no comercio de proximidade e contribuír a manter a actividade económica e a vida nas rúas da vila.

Desde a asociación destacan a importancia de apoiar os negocios locais, nos que a atención próxima e o trato persoal forman parte da súa identidade. A campaña conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego, a Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo.

AEMA, anteriormente coñecida como CCA Arteixo, é unha organización empresarial sen ánimo de lucro que reúne empresas, persoas autónomas e proxectos emprendedores de distintos sectores co obxectivo de fortalecer e representar o tecido económico do municipio.

0.14651894569397