Martín Seco é elixido como novo concelleiro do PSdeG en Arteixo

ACoruñaXa
Martín Seco é secretario xeral do PSOE de Arteixo e xa foi concelleiro do grupo municipal en Arteixo desde o 2015 ata o 2020
Martín Seco é o novo concelleiro do PSdeG en Arteixo
Martín Seco é o novo concelleiro do PSdeG en Arteixo
21 mar 2024

A Agrupación Socialista de Arteixo informou de que o seu secretario xeral, Martín Seco, será o novo concelleiro do PSOE en Arteixo en substitución de Luis Vázquez quen renunciou á súa acta por motivos profesionais a principios deste semana.

Así o ven de acordar a Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo que propuso o nomeamento de Martín Seco ao ser o seguinte candidato na lista que presentaron os socialistas arteixáns nas elección municipais de 2023.

Martín Seco é secretario xeral do PSOE de Arteixo e xa foi concelleiro do grupo municipal en Arteixo desde 2015. En 2020 renunciou á acta de concelleiro por "incompatibilidades” según os estatutos do seu partido ao saír elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións ao Parlamento de Galicia dese ano.

Para o propio Seco é de novo un reto reincorporarse á política local “co único obxectivo de traballar arreo pola ciudadanía arteixá” e para facer unha “oposición firme e contundente a un goberno local do Partido Popular que utiliza a súa maioría absoluta de forma absolutista”.