Outorgáronse tamén dous accésit, de 1.500 euros cada un. Un deles foi para a balconada número 60, titulada “Ruinas de embarcadero”, de Manuel Ángel Serantes Morán, de Ponferrada, e o outro para Carmen Muñoz Ortiz de Madrid coa balconada número 62, titulada “El camino de la Fe”.
Outorgáronse tamén cinco mencións de honra ás seguintes obras:
- Balconada número 1, titulada “Tinta e acrílico sobre lenzo”, de María Álvarez Fernández, de A Coruña.
- Balconada número 13, titulada “Marisma”, de Luisa Valdes Aguirre, de A Coruña.
- Balconada número 33, titulada “Árbol”, de Cristina Sierra Villegas, de Vilagarcía de Arousa.
- Balconada número 53, titulada “365 días en los que ordenar los jabones”, de Isabel Durá Castello, de Betanzos.
- Balconada número 61, titulada “Cara ao mar”, de Pilar Cancio González, de A Coruña.
O xurado do certame de Balconadas de Betanzos percorreu as rúas do centro histórico para elixir o gañador deste ano entre 101 obras seleccionadas para “colgar” nos balcóns das rúas desta zona, converténdoas nun auténtico museo ao aire libre.
O xurado estivo composto por destacadas personalidades do mundo da arte, como María Isabel Pintado, presidenta e directora; Daniel Loza, secretario; e Alfonso Costa Beiro, María Jesús Rodríguez Díaz, Mª Inmaculada Doval Porto, Manuel Silvestre Visa e Julio Sanjurjo Aler, como vogais.
O xurado acordou outorgar os premios da VIII Bienal de pintura Balconadas por unanimidade, tendo en conta a calidade das obras en canto á técnica, orixinalidade e valor estético.
A entrega de premios terá lugar o 13 de agosto.
As obras, na súa maior parte procedentes das catro provincias galegas, tamén contan con presenza de diversas comunidades autónomas de España: Valencia, País Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias e Canarias. Tamén chegaron balconadas desde varios países de Europa e Sudamérica.
As obras estarán expostas ata o 31 de agosto nos balcóns das rúas do centro histórico, e a Dirección da Bienal resérvase o dereito de ampliar o tempo de exposición.