María Pan é a nova candidata de UxC á alcaldía de Cambre

ACoruñaXa
María Pan Lesta é concelleira en Cambre desde o 2019, sendo este o seu segundo mandato á fronte da Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior
A concelleira María Pan é a nova candidata de UxC a alcaldía do municipio
A concelleira María Pan é a nova candidata de UxC a alcaldía do municipio
13 mar 2024
Unión x Cambre anuncia que María Pan Lesta (A Coruña, 1975) será a opción á alcaldía de Cambre tras recibir, onte, o apoio unánime da asemblea da agrupación local. A de Pan Lesta foi a única candidatura que se presentou para o posto de alcaldesa do Concello, recibindo o respaldo do medio centenar de afiliados e afiliadas que tomaron parte no encontro de UxC.
María Pan Lesta é concelleira en Cambre desde o 2019, sendo este o seu segundo mandato á fronte da Concellería de Economía, Facenda e Réxime Interior. Ao concluír a asemblea, a veciña de Meixigo mostrouse “orgullosa e agradecida polo enorme apoio recibido polos compañeiros e compañeiras de UxC” e comprometeuse “a seguir traballando para liquidar a difícil situación do Concello.
Cómpre lembrar que o ex-alcalde, Óscar García Patiño dimitiu, hai uns días, do seu posto para tentar abrir camiño e dar unha solución á parálise do Concello, polo que ou meu deber tras a súa marcha é traballar para que a difícil decisión que tomou non caia en saco roto”. Pan Lesta incidiu en que ata o pleno no que se investirá ao alcalde ou alcaldesa manterá "ou plan de traballo dá área”. Antes de entrar como concelleira no Concello, a traxectoria de Pan Lesta estivo sempre estreitamente vinculada ao xornalismo, traballando para distintas cabeceiras.