Irixoa celebra esta fin de semana o Festival Florium Romaría Tribal

ACoruñaXa
É un evento dedicado ao crecemento persoal e ao benestar na natureza
Imaxe dunha edición anterior de Florium
5 Xul 2024

A segunda edición do festival Florium Romaría Tribal, un evento autoxestionado e dedicado ao crecemento persoal e ao benestar na natureza, terá lugar os días 6 e 7 de xullo na parroquia de Churío, no municipio de Irixoa.

Este festival reuniu o ano pasado a máis dun cento de persoas, e espérase que este ano triplique o número de asistentes. Os participantes poderán gozar de concertos, obradoiros especializados, actividades grupais, charlas, terapias individuais, espazo para nenos e un mercado de creacións feitas a man por artistas de Galicia.

Ademais do equipo humano , outro dos piares do Florium son os espazos, deseñados para xerar diferentes experiencias:

- O espazo central (de entrada libre e achega voluntaria) é un espazo de Tribo, onde atoparás o Mercadillo, os postos de comida, o escenario con actuacións de música e os "Espazos Participativos" (nos cales os participantes do festival previamente rexistrados poderán dar a coñecer os seus proxectos e experiencias, a súa arte etc.)

- Os espazos terapéuticos: o espazo transformador (yurta), o espazo de movemento (bosque), e o espazo reparador (as pedras), onde ofreceremos talleres, música e actividades dirixidas á sanación e transformación.

- O Pequeño Florium: un espazo máxico para os máis pequeños da tribu.

- O espazo de terapias individuais

 

0.16529297828674