Finalizan as obras da contorna do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro e Biblioteca

ACoruñaXa
Ademais, o Concello rematou coas obras de ampliación, afirmado e pavimentación da pista dos Godulfes
Imaxe das obras da contorna do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro e Biblioteca
Imaxe das obras da contorna do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro e Biblioteca
22 abr 2024

Curtis vén de rematar as obras da contorna do Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro e Biblioteca, nas que se fixo unha inversión de 73.188,11 euros

Con esta actuación dotouse ao edificio de usos múltiples e biblioteca dun aparcamento e dun vial de acceso e de saída. O obxectivo é garantizar a seguridade vial dos usuarios.

Pavimentouse a zona con aglomerado e sinalización horizontal tanto do vial como de prazas de aparcamento. Nas vindeiras datas, o Concello finalizará as obras co axardinamento das zonas verdes.

Ademais, o Concello de Curtis rematou coas obras de ampliación, afirmado e pavimentación da pista dos Godulfes cunha inversión de 51.647,23 euros. Na actuación realizouse a súa ampliación sobre a rodadura ademais do saneo de blandóns, o afirmado de subbases e bases nas ampliacións da calzada, así como a mellora da rede de drenaxe existente.