Este mércores, 10 de xullo, actuarán Shego, Catuxa Salom e Nomi Bull no Atlantic Pride

ACoruñaXa
A Praza de Pontevedra da cidade herculina acollerá, de 20.00 a 00.00h, a cuarta xornada do festival, na que Catuxa Salom dará boa conta da súa experimentación coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas
Artistas do Atlantic Pride do mércores 10 de xullo
Artistas do Atlantic Pride do mércores 10 de xullo
10 Xul 2024

O Atlantic Pride da Coruña vibrará este mércores, 10 de xullo, a ritmo de Shego, Catuxa Salom e Nomi Bull, durante a cuarta xornada do festival, que se desenvolverá na Praza de Pontevedra da cidade herculina de 20.00 a 00.00h.

D-Lemma será o dj encargado das pinchadas para abrir e pechar a velada ás 20.00 e ás 23.30 horas respectivamente. Contra ás 21.00h, Catuxa Salom dará boa conta sobre o escenario da súa experimentación coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, mentres que a drag gañadora do Premio Miss Deusa 2023 Nomi Bull presentará o seu explosivo directo ás 22.00h. Pola súa banda, tras percorrer nos últimos tempos os escenarios de grandes festivais como o BBK, o Sonorama, o Vida ou o Low, Shego aterrará no Atlantic Pride para facer gala do seu hipnótico carisma, xogando con xéneros diversos como o rock, o pop, o punk e o dance.

Programa do mércores, 10 de xullo - Praza de Pontevedra (20.00 a 00.30 horas)

20.00 horas - D-Lemma

21.00 horas - Catuxa

Salom - 22.00 horas

Nomi Bull - 22.30 horas

Shego 23.30 horas - D-Lemma

Sobre os artistas

Catuxa Salom é unha artista galega de raíces arxentinas e unha das voces máis potentes da escena folk electrónica do momento. No seu debut discográfico experimenta coa música tradicional galega, os ritmos latinos e as bases electrónicas, conseguindo unha sonoridade que nos conecta co noso lado máis salvaxe. De Aimogasta ás montañas de Lugo, a artista constrúe un relato cargado de simbolismo, onde a natureza e o movemento están en primeiro plano. O seu directo magnético e vibrante promete ritmos de baile.

Premio MIN á mellor artista emerxente 2023, Shego (Maite, Raquel e Charlotte) xurde da idea punk da creatividade máis primaria e atrevida. En xuño de 2021 lanza o seu primeiro EP, Tantos chicos malos y tan poco tiempo, onde as artistas amósanse cómodas no ecléctico e capaces de xugar con xéneros como o rock, o pop, o punk e o dance, sen necesidade de aferrarse a ninguén deles en concreto. Trala boa acollida deste primeiro traballo, Shego colaborou con figuras como Zahara e Natalia Lacunza e tocou en escenarios como o BBK, o Sonorama, o Vida ou o Low Festival. É nos seus directos onde se descubre o verdadeiro carisma da troupe e a súa enorme complicidade co público. En febreiro de 2023, Shego presenta o seu primeiro LP, Suerte, chica, co que pisan forte e continúan gozando da ambivalencia e a frescura.

0.1858868598938