Curtis reforza a seguridade das festas de Teixeiro cun novo panel informativo

O Concello de Curtis vén de instalar na fachada da Casa Consistorial de Teixeiro un panel informativo coa Memoria Técnica de Seguridade das festas, elaborada por unha empresa especializada.
O obxectivo é facilitar á veciñanza e ás persoas visitantes a consulta dos espazos nos que se poderán colocar atraccións de feira e barracas, así como das vías que deberán permanecer libres para garantir o paso de ambulancias e outros vehículos de emerxencia.
O plan aplicarase tanto durante os espectáculos musicais na Praza de España como nos períodos de descanso entre sesións, cando as atraccións continúen instaladas nas rúas.
Desde o Concello sinalan que a adaptación aos cambios organizativos pode requirir tempo, pero subliñan que a seguridade é unha prioridade. Tamén animan a consultar o panel para contribuír a unhas festas seguras e ordenadas.