Curtis pecha o exercicio económico do 2023 cun excedente positivo de máis de 2 millóns e medio de euros

ACoruñaXa
O orzamento para o exercicio 2023 aprobouse cunhas previsións iniciais tanto de gastos como de ingresos de 5.228.369,53 euros
Imaxe recurso economía
Imaxe recurso economía
12 abr 2024

O Concello de Curtis pechou o exercicio económico do 2023 cun remanente positivo de máis de 2 millóns e medio de euros e un período medio de pago anual de 10,5 días

Neste sentido, na sesión plenaria deste, venres 12 de abril, darase conta da liquidación do orzamento de 2023 no que o Concello de Curtis remata o exercicio económico cun remanente positivo de máis de 2 millóns e medio de euros. A pesar dos desafías económicos, un ano máis o Concello pecha o exercicio económica cun equilibrio financieiro saudable.

Parte desta cifra, uns 1.515.637 euros xa están comprometicos na financiación da incorporación de remanentes dos exercicios económicos 2023 e 2024. Polo tanto, serán en torno a 1.031.646 euros os que quedarán dispoñibles para destinar durante os próximos meses.

O orzamento para o exercicio 2023 aprobouse cunhas previsións iniciais tanto de gastos como de ingresos de 5.228.369,53 euros. O importe global das modificacións de crédito tramitadas durante o exercicio 2023 ascenderon a 6.479.362,99 euros fronte aos 5.841.927,54 euros do 2022, o que deu lugar a unhas previsións definitivas de gastos e ingresos por importe de 11.707.732,52 euros.

Doutra banda, o período medio de pago de facturas a proveedores no 2023 foi de 10,5 días. O alcalde, Javier Caínzos explicaba esta mañá “Os datos que verten o peche do exercico 2023 poñen de relevancia o alto volume de traballo desenvolto polo persoal municipal cun total de 1.584 facturas tramitadas. Outro ano máis dase cumprimento á lexislación vixente nos prazos de pago a proveedores. A pesar das altas inversións levadas a cabo garantizouse a saúde financieira da entidade local”.